Saturday 11 de May de 2024

Rey participa na entrega de premios do medio maratón C-21 máis rápido da historia


A alcaldesa outorgou os trofeos ao keniano Hosea Kiplimo, que bateu o récord desta proba, e á española Mónica Gutiérrez

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, participaron este mediodía no Obelisco na entrega de premios da duodécima edición do medio maratón C-21, que congregou a case dous mil deportistas entre as 10.00 e as 12.30 horas e na que se proclamaron gañadores o keniano Hosea Kiplimo e a española Mónica Gutiérrez. O africano bateu o récord da proba coruñesa cun tempo de 1h02:30, mentres que a atleta de Badaxoz cruzou a liña de meta en 1h13:37.

O percorrido da proba, organizada pola Concellería de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, partiu dende o Obelisco ata a Dársena de Oza e dende alí ata a rotonda das Ánimas, no dique de abrigo